Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia supera os 200 ingresos por covid e as 7.500 infeccións antes da ponte

Galicia supera os 200 ingresos por covid e as 7.500 infeccións antes da ponte

O Sergas informa dun novo falecido que eleva a 2.678 as vítimas pola covid en Galicia

Hai 205 persoas hospitalizadas por coronavirus

G24.gal 04/12/2021 09:31 Última actualización 20:00

Galicia encara a ponte de decembro con 7.561 persoas con coronavirus, (+525), polo que a incidencia da enfermidade segue á alza. A sexta vaga non baixo o ritmo. Con datos do Sergas das 18 horas do venres detectáronse nas probas realizadas 804 positivos en 24 horas, co que a cifra segue por riba dos 800 pero prodúcese unha lixeira diminución (-11)  sobre o día anterior.

Nos hospitais xa son 205 as persoas baixo tratamento, das que 36 permanecen nas UCI, as mesmas que a xornada previa. A suba de ingresos sucede en planta con 169 enfermos, oito máis que o xoves.

O Sergas notifica este sábado pola noite un novo deceso por mor da covid. Trátase dun home de 69 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Así a cifra de persoas falecidas durante a pandemia en Galicia elévase a 2.678.

Situación por áreas sanitarias

Segue a preocupar a evolución da pandemia en Vigo que xa ten 2.181 casos de covid, (+148) e as hospitalizacións aumentan a 59. En Ourense tamén continúa o incremento de infeccións e supéranse as 1.900 con 1.926 persoas con coronavirus, (+113). Na Coruña superase o milleiro de casos activos, 1.053, (+86). Pontevedra rexistra 866 casos, (+73) e a de Lugo 619, (+32).  Ferrol sumou 343 infeccións, (+25) e Santiago 573, (+48).

Só na área de Ferrol aparece un dato para a esperanza xa que as UCI covid están libres de pacientes co virus.

Ourense supera os 200 positivos diarios e A Coruña está ao bordo da cifra con 199 contaxios diagnosticados nas probas.

A incidencia acumulada en Galicia a 14 días situaba o xoves en algo máis de 262 casos por cada cen mil habitantes, 22 puntos máis que a xornada previa e por riba da media española que estaba en 248, conforme os datos do Ministerio de Sanidade.

Durante a pandemia contaxiáronse en Galicia 193.036 persoas das que xa se curaron 182.835.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos