Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recibirá 7,5 millóns para reestruturación e reconversión do viñedo

Galicia recibirá 7,5 millóns para reestruturación e reconversión do viñedo

A Conferencia Sectorial de Agricultura reparte 117 millóns entre as comunidades autónomas

G24.gal 19/06/2023 20:27 Última actualización 19/06/2023 21:31

A Conferencia Sectorial de Agricultura acordou o reparto de fondos para reestruturación e reconversión do viñedo.  En total, o Goberno e as comunidades autónomas destinarán 117 millóns de euros con este cometido.  Desa partida, a Galicia correspóndenlle case sete millóns e medio de euros.

O reparto presupostario é o do exercicio financerio de 2024. E no caso das operacións bianuais, repartiuse o orzamento comprometido para 2025.  Dos 7,5 millóns que recibirá Galicia, máis de 4,5 millóns son o importe do ano que vén e 2,8 millóns corresponden a 2025.

O ministro Luis Planas asegurou que estes fondos contribuirán a mellorar a competitividade do sector vitivinícola español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar