Galicia presume en Fitur de calidade e presenta o Camiño do Litoral
Os profesionais do sector puideron coñecer a nosa oferta gastronómica, con degustacións de doces ou de xeados artesanais
Galicia exhibe na edición 46 de Fitur, que se celebra ata o domingo en Madrid, o seu potencial turístico con medio cento de actividades que teñen como obxectivo atraer viaxeiros que buscan cada vez máis experiencias vitais enriquecedoras.
A Xunta presenta este venres a campaña turística para este 2026 centrada no lema Galicia Calidade, o próximo Ano Santo e a oferta gastronómica, pero o presidente, Alfonso Rueda, xa estivo este xoves no Ifema para apoiar o sector.
Os reis presidiron a inauguración oficial da Feira Internacional de Turismo, que nesta edición ten a México de país invitado e cifras de récord, con 10.000 empresas de 161 países (18 deles participan por primeria vez, sobre todo de África e Asia-Pacífico).
Vestidos de loito polo accidente de Adamuz, Filipe VI e dona Letizia destacan coa súa presenza a importancia do sector turístico en España.
Durante esta segunda xornada de Fitur os profesionais do sector puideron coñecer no expostitor de Galicia a nosa oferta gastronómica, con degustacións de doces ou de xeados artesanais.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, presentou tamén o Camiño do Litoral, unha ruta de 1.300 quilómetros para facer a pé ou en bicicleta pola costa galega.