Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia nota xa o contraste térmico

Galicia nota xa o contraste térmico

Para mañá espéranse 20º ao norte e 35º nas provincias do sur

Unha muller protéxese do sol cun paraugas en Ourense
G24.gal 19/05/2022 15:00

Na Coruña téñeno ben claro, prefiren as temperaturas suaves máis propias da primavera.

 "Sen dúbida, eu prefiro isto que a calor, sen dúbida". "Si, home, si, iso é morrer". "Iso é horrible". "A de Ourense é demasiado, é demasiado. 30º son demasiados. Esta de 22, 20 graos onde podes andar en mangas de camisa e mesmo dar un mergullo", opina a xente en A Coruña.

Esta mañá na Coruña os termómetros non superaron os 19 graos e se se cumpren as previsións, mañá non pasarán dos 20, unha temperatura propia do mes de maio, pero que contrasta coa calor abafante que xa se está deixando notar no sur.

 "Hoxe din que vai ir moitísima calor, vou aproveitar agora a ir á residencia dando un paseo porque despois xa non hai quen saia". "Estamos no mes de maior e a verdade é que é demasiado e á parte vai aire case todos os días que aínda seca máis todo ao no chover, a calor". "O tempo está descontrolado e parte é culpa nosa agora xa non hai estacións como tales, adiántase todo, atrásase todo, é todo moi cambiante e hai que afacerse á nova realidade". "Eu vou con capas e segundo vai entrando o día e vai indo soliño pois vou sacando as capas". "Imos pola sombra que imos facer? É o que hai", "Semella que estamos máis en agosto e xullo que en maio", contáronnos en Ourense

Este contraste de hoxe vai ser máis acentuado mañá. No norte manteranse as temperaturas mornas pero no sur chegarán ou mesmo superarán os 35 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade