Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é un dos puntos quentes do narcotráfico

Galicia é un dos puntos quentes do narcotráfico

A Fiscalía Xeral do Estado recoñece a especial singularidade 

G24.gal 26/04/2023 14:12

Nas últimas semanas Galicia volveu aos titulares por operacións relacionadas co narcotráfico. Algunhas acabaron coa incautación de importantes cantidades de droga. Para a Fiscalía Xeral do Estado, Galicia é un dos puntos quentes de especial singularidade do narcotráfico en España.

No que levamos de ano apareceron tres narcolanchas en Corrubedo e un narcosubmarino abandonado e á deriva na ría de Arousa. 

E en Cerdedo-Cotobade, as forzas do seguridade do Estado desmantelaron o maior laboratorio de Europa para a transformación de pasta de coca. Atoparon 151 quilos de cocaína en po listos para consumo. Punto estratéxico neste caso pola proximidade con Porto e porque un dos líderes da banda era propietario da vivenda onde se atopou o laboratorio.

Por unha ou outra razón, Galicia volve estar no foco da loita contra o narcotráfico.

"Non hai que baixar a garda", dicía o fiscal xeral do Estado, Álvaro Ortiz.

E por todos os recursos humanos e materiais para unha loita na que a coordinación administrativa, asegura o fiscal xeral do Estado, é fundamental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade