Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia é a comunidade que rexistra máis accidentes mortais de tractor

Galicia é a comunidade que rexistra máis accidentes mortais de tractor

O 75 % son sinistros con tractores antigos conducidos por persoas maiores

G24.gal 22/05/2023 18:45

A imaxe repítese con demasiada frecuencia. Accidentes de tractor en que unha persoa maior morre por esmagamento despois de envorcar. Malia que os sinistros se producen con tractores, o perfil que máis accidentes ten non é o dun agricultor profesional en activo.

O cinto e os arcos antienvorco son fundamentais para salvar a vida en caso de accidente. Por iso é fundamental instalalos nos tractores vellos que non o traen de serie, sempre que sexa posible.

Amais cómpre evitar os excesos de confianza e extremar as precaucións en pendentes e terreos irregulares e mollados. Sinalizar e levar o apeiro axeitado tamén é fundamental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar