Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia culmina a segunda vendima más abundante da historia

Galicia culmina a segunda vendima más abundante da historia

Rías Baixas alcanzou unha marca histórica, con case 44 millóns de quilos de uva

G24.gal 04/11/2021 18:25

As cifras foron históricas no conxunto das cinco denominacións de orixe galegas, que acadaron este ano a segunda mellor colleita da última década, superada só pola de 2011. Apañaron en total máis de 74 millóns de quilos de uva, un 22% máis que o ano pasado. E a calidade foi tamén moi boa en todas as denominacións de orixe.

Do total de uva recollida, máis de 62,5 millóns corresponderon a variedades brancas e os 11 millóns restantes a tintas. Por denominacións, a de Rías Baixas ocupou de novo o primeiro lugar en volume de produción, co 60 % da uva total vendimada, un total de 43,8 millóns de quilos, o que supuxo un incremento dun 27 % con respecto a 2020.

Despois, situouse a do Ribeiro, con 9,9 millóns de quilos (un 5 % máis que en 2020), e a continuación a de Valdeorras, con algo máis de 7,1 millóns (un 28 % máis); Ribeira Sacra, con 6,5 millóns (25 % máis) e Monterrei, con 6,2 millóns de quilos de uva recollidos (9 % máis).

Ademais, nesta vendima Rías Baixas alcanzou unha marca histórica para a denominación, cun incremento do 33 % respecto da media do último decenio (2012-2021), unha subida que foi para o Ribeiro dun 88 %, para Valdeorras un 28 %, para Ribeira Sacra un 13 % e para Monterrei un incremento do 45 %, sobre a media do decenio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade