Cargando resultados...
A vendima no Ribeiro avanza cunha uva de boa calidade, pero baixa ata un 30 % a cantidade
Unha primavera chuviosa e o tempo seco e caloroso deste verán son os responsables desta mingua
G24.gal
24/09/2025 15:36
A vendima aínda non rematou no Ribeiro, pero os viticultores xa avanzan que a deste ano vai ser unha colleita de calidade excelente.
Iso si, moi boa calidade, pero menor cantidade. Ata un trinta por cento menos, calculan. Unha primavera chuviosa e o tempo seco e caloroso deste verán son os responsables desta mingua. Con todo, o balance da vendima polo de agora está resultando moi satisfactorio, sobre todo pola boa calidade que agardan para este ano.