Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia chega aos 34,5 graos, récord histórico para un mes de abril

Galicia chega aos 34,5 graos, récord histórico para un mes de abril

O concello ourensán de Leiro foi onde se rexistrou a temperatura máxima

G24.gal 12/04/2024 19:15 Última actualización 12/04/2024 20:27

O concello ourensán de Leiro alcanzou este venres 34,5 graos, un máximo histórico para o mes de abril. Segundo Meteogalicia, Ourense cidade chegou aos 33,9 graos, seguido de Arnoia (33,2 graos) e o municipio lucense de Monforte de Lemos (32,8 graos).

Pola contra, a temperatura máis baixa (4,1 graos) rexistrouse no municipio ourensán de Calvos de Randín ás 6,10 horas deste venres.

Xa o xoves batíase outra marca, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) explicaba que a estación de Vigo superaba por primeira vez os 30 graos nun mes de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade