Galicia acentúa o descenso da sexta vaga, con 3.500 casos activos menos
Os contaxios diarios seguen por debaixo dos 2.000
A presión hospitalaria aumenta en planta

A semana comeza cunha gran baixada dos casos activos (-3.571). En comparación co luns pasado, hai máis de 15.000 persoas menos con coronavirus en Galicia. En total, rexistráronse 38.640 casos activos nesta xornada.
Pola súa parte, os contaxios diarios mantéñense por debaixo dos 2.000 e rexístranse 1.601 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 8.484 (-637)
Vigo: 11.743 (-1.057)
Ourense: 4.035 (-197)
Santiago: 6.822 (-842)
Lugo: 4.044 (-371)
Pontevedra: 4.320 (-310)
Ferrol: 1.910 (-175)
En canto á presión hospitalaria, esta aumenta con respecto ao día anterior en planta (+23), pero descende nas UCI (-1). En total, hai 663 persoas ingresadas, 619 e 44 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou o deceso de tres persoas que tiñan o virus, alzando a cifra a 3.038 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos