Cargando resultados...
Gala de entrega dos premios da Denominación de Orixe do Ribeiro celebrada na Coruña
A CRTVG, entre os premiados
G24.gal
16/06/2022 22:46
Última actualización 16/06/2022 23:34
Na Coruña entregáronse esta tarde os premios Denominación de Orixe Ribeiro.
Os galardóns do Consello Regulador recoñecen o labor de persoas e entidades a prol da difusión do mundo do viño.
Entre os premiados figuran a mellor sommelier de España en 2013, Pilar Cavero; a investigadora Emilia Díaz, o adegueiro Pepe Estévez e o persoeiro de honra á Corporación de Radio e Televisión de Galicia.