Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fuxan os Ventos participan na homenaxe a Darío Xohán Cabana organizada pola Fundación Casa Rosalía

Fuxan os Ventos participan na homenaxe a Darío Xohán Cabana organizada pola Fundación Casa Rosalía

G24.gal 04/06/2022 21:37 Última actualización 04/06/2022 21:44

A Fundación Rosalia homenaxeou a Darío Xohán Cabana este sábado. Numerosos artistas que compartiron vida con el e interpretaron a súa obra participaron nesta conmemoración.

A homenaxe nacional a Darío Xohán Cabana "Semente de Mencer" incluíu a música do Leo de Matamá e do grupo Fuxan os Ventos. Estiveron tamén o Mago Antón, Chus Pasto e Antón Dobao, entre outros.

Natural de Cospeito e membro da Real Academia Galega, Darío Xohán Cabana faleceu en novembro do ano pasado, aos 69 anos. Cultivou case todos os xéneros en máis de corenta títulos dirixidos tanto ao público adulto coma ao máis novo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar