Fran Justo cesado e Carlos Pita dimite como director deportivo
Fran Justo cesado e Carlos Pita dimite como director deportivo
Hoxe xa non adestrou e o club comunicou o despedimento ás 23:30 horas
O Lugo anunciou ás 23:30 horas a decisión de despedir a Fran Justo como primeiro adestrador do conxunto lugués.
Apenas dous meses durou a aposta do Lugo por Fran Justo, ao que incorporou o pasado 24 de novembro como substituto para Hernán Pérez, o adestrador que comezou a tempada. Esta tarde o equipo traballou no Ceao e sen Fran Justo o seu corpo técnico.
A destitución do técnico ourensán aínda non é oficial, pero a decisión está tomada e nas próximas horas o club anunciarao. Fran Justo, que deixara o Arenteiro, de Primeira Federación, seducido pola oportunidade deportiva que lle ofrecía o Lugo, estivo no banco só nove partidos nos que o equipo só puido sumar sete puntos: un par de vitorias ante o Rácing de Santander (0-1) e o Granada (1-0), un empate en casa ante o Levante (1-1), e seis derrotas, as catro últimas consecutivas, ante o Leganés (1-0), o Mirandés (2-0), o Vilarreal B (1-2) e o Albacete (2-0).
Xunto a el tamén marchará o director deportivo Carlos Pita.