Publicador de contidos

Publicador de contidos

Foxen despois de atropelar coas súas bicicletas unha septuaxenaria no paseo marítimo da Coruña

Foxen despois de atropelar coas súas bicicletas unha septuaxenaria no paseo marítimo da Coruña

A vítima, de 71 anos, tivo que ser trasladada ao CHUAC tras recibir un golpe na cabeza

Os responsables do accidente son menores

G24.gal 30/01/2025 14:25

Os dous menores, ao parecer, non circulaban polo carril bici cando atropelaron unha muller de 71 anos no paseo marítimo, á altura da fonte dos surfistas. Por mor do accidente, a vítima recibiu un golpe na cabeza e tivo que ser trasladada nunha ambulancia medicalizada ao CHUAC, contra as seis e dez da tarde deste mércores.

"Eu vin aquí a ambulancia, policía e alguén tombado no chan".

Entrementres, os responsables do atropelo fuxían. 

"Foi un accidente, tiñan que socorrer a señora". 

Algunhas testemuñas xa facilitaron a vestimenta que levaban e ademais hai imaxes de varias cámaras que axudarán para identificalos. Pero o certo é que este non foi un caso illado.

"Unha vez bateu contra min un patinete e deixoume un oco na perna".

"Circulan moi mal, sobre todo os menores, non respectan nada".

E precisamente para evitar situacións coma estas, o Concello vai iniciar nos vindeiros días, a pé de rúa, unha campaña dirixida ás persoas usuarias de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal para informar sobre seguridade viaria, facendo especial fincapé na importancia de usar o casco e tamén na importancia de facer un uso responsable deste tipo de vehículos.

"É necesaria, porque hai que educalos, e tamén a nós, os peóns".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade