Cargando resultados...
Formoso reclámalle á Xunta máis diálogo e menos imposición no conflito da mexilla
Formoso reclámalle á Xunta máis diálogo e menos imposición no conflito da mexilla
Cre que os sectores implicados están abertos a dialogar e resolver
G24.gal
02/03/2022 23:13
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclámalle á Consellería do Mar máis diálogo e menos imposicións no conflito da mexilla, que mantén enfrontados os sectores da extracción da mexilla e do percebe.
Mostrouse optimista, cre que os dous sectores estratéxicos acabarán achegando posturas. Tras o seu encontro esta tarde coas confrarías, Formoso volveu responsabilizar a consellería de crear o conflito.
Cre que as normas que se cambian sen consenso e con imposición, levan consigo enfrontamentos lóxicos, perfectamente resolubles ca vontade actual dos colectivos de dialogar.