Cargando resultados...
Fixéronse pasar por gardas civís para entrar nun domicilio no Carballiño
Están acusados dun delito de usurpación das funcións públicas, invasión de morada, lesións e danos.
Ao parecer agrediron o dono e ao amigo. Una das vítimas tivo que ser atendida no centro de saúde.
As investigacións céntranse nun posible axuste de contas.

G24.gal
09/11/2021 12:51
Fixéronse pasar por gardas civís para entrar nun domicilio do Carballiño. Agora están acusados dun delito de usurpación das funcións públicas, invasión de morada, lesións e danos. Chamaron á porta con vehemencia ás catro da madrugada vestidos de uniforme. Agrediron tanto o dono coma o amigo. Una das vítimas tivo que ser atendida no centro de saúde. As investigacións céntranse nun posible axuste de contas.