Filipe VI, Mattarella e Rebelo de Sousa, xuntos en Portugal
Esta noite asistiron a unha cea organizada polos anfitrións portugueses
Os tres participan mañá no encontro COTEC Europa 2022

A moi poucos quilómetros de Galicia, na cidade portuguesa de Guimarães, reuníronse este martes á noite tres xefes de estado europeos.
O presidente portugués Marcelo Rebelo de Sousa, o italiano Sergio Mattarella e o Rei de España Filipe VI acudiron xuntos ao pazo do Duques de Guimarães para asistiren á cea oficial que organizou a comitiva portuguesa.
Os tres son convidados de honra ao encontro COTEC europa 2022, que se celebrará o mércores en Braga. Trátase dun evento que ten como punto de partida afondar nas relacións entre as empresas que crean contidos culturais e o negocio económico que xeran ao ser redor, de feito este acto ten como nome “A cultura, ao encontro da innovación”.
A fundación COTEC, dedicada ao fomento da innovación tecnolóxica, consegue así xuntar tres xefes de Estado, algo que estamos afeitos a ver noutro tipo de actos institucionais.