Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un parapentista ao sufrir un accidente en Porto do Son

Ferido un parapentista ao sufrir un accidente en Porto do Son

Caeu nunha leira no lugar de Cans e tivo que ser trasladado en helicóptero a un centro hospitalario

Un momento do rescate. FOTO/Consorcio contra incendios e Salvamento da Coruña Un momento do rescate. FOTO/Consorcio contra incendios e Salvamento da Coruña
G24.gal 16/02/2025 18:38

Un parapentista quedou ferido este domingo ao caer nunha leira no lugar de Cans, no concello de Porto do Son. En concreto, sufriu o accidente nunha zona aberta e próxima ao quilómetro 83 da AC-550.

Segundo informou o 112 Galicia, recibiron un aviso ao redor das 15:00 horas no que se alertaba dun accidente de parapente tras o cal o deportista dicía non sentir as pernas.

Deste xeito, mobilizouse unha ambulancia medicalizada pero, debido ás lesións, o accidentado foi evacuado en helicóptero con prognóstico reservado para recibir atención médica nun centro hospitalario.

Ata o lugar dos feitos tamén acudiu unha dotación do parque de bombeiros de Ribeira, integrantes do grupo de emerxencias e salvamento (GES) de Noia e unha patrulla da Garda Civil, ademais dos servizos sanitarios do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade