Cargando resultados...
Ferido un menor ao ser atropelado en Zas
O atropelo tivo lugar na parroquia de Baio ás 8:20 horas, na AC-552
Desprazáronse ao lugar os servizos de Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico
G24.gal
05/02/2026 10:43
Un menor resultou ferido na mañá deste xoves ao sufrir un atropelo na parroquia de Baio, no municipio coruñés de Zas.
Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 8:20 horas na AC-552, na avenida da Coruña, á altura da panadería Caión.
Ao punto desprazáronse os servizos de Urxencias Santiarias e a Garda Civil de Tráfico.