Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un condutor ao caerlle enriba unha pedra das obras do corredor Nadela-Sarria

Ferido un condutor ao caerlle enriba unha pedra das obras do corredor Nadela-Sarria

Unha pedra voou uns 400 metros e foi caer enriba do coche dun sarriao

A Xunta solicitou un informe urxente que esclareza as causas do sinistro

G24.gal 03/11/2021 14:16

Unha pedra procedente das obras de desdobramento do corredor Nadela-Sarria voou uns 400 metros e foi caer enriba do coche dun sarriao que conducía pola estrada provincial que discorre paralela.

Ocorreu no quilómetro 19 da LU-546, a onde se desprazaron os equipos de emerxencias para rescatar a vítima do accidente, que resultou ferida nunha perna.

José Manuel López, sarxento dos bombeiros de Sarria: "Ao chegar alí vimos a vítima no asento do condutor dun vehículo, cunha ferida aberta na extremidade inferior esquerda, e había un sanitario atendéndoa. Procedemos a colocarlle o colar cervical e a inmobilizarlle a perna mediante unha férula, e colaboramos cos sanitarios na extracción e no traslado da vítima á ambulancia".

Debido á gravidade das feridas, a condutor tivo que ser ingresado no hospital Lucus Augusti de Lugo. A pedra que alcanzou o seu coche, que podía ter uns 20 centímetros de diámetro, traspasara o parabrisas e rompera a columna da dirección do vehículo antes de alcanzar a súa perna.

José Manuel López, sarxento dos bombeiros de Sarria: "Impactou no parabrisas, furouna, bateu contra a columna de dirección e desfíxose impactando na vítima, sobre todo na perna, aínda que lle causou ademais varias contusións, e mais no asento".

A consecuencia do acontecido, a Xunta solicitou un informe urxente que esclareza as causas do sinistro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade