Cargando resultados...
Ferido grave un motorista tras bater contra un coche no concello de Lobeira
Logo da colisión, que foi frontal, impactou contra un muro e tivo que ser trasladado en helicóptero
G24.gal
27/12/2025 21:01
Última actualización 27/12/2025 21:31
Un motorista quedou ferido grave tras bater contra un coche na tarde deste sábado no concello de Lobeira. O home tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado.
O choque frontal produciuse na estrada OU-1212, no punto quilométrico 8, sobre as 16:15 horas. Ata o lugar desprazouse persoal do 061, do GES de Muíños e axentes da Garda Civil de Tráfico.
A colisión provocou que o motorista impactara contra un muro.