Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido en Sandiás un condutor tras envorcar o camión en que transportaba porcos vivos, que acabaron na vía

Ferido en Sandiás un condutor tras envorcar o camión en que transportaba porcos vivos, que acabaron na vía

Algúns animais quedaron atrapados no vehículo e foron liberados polos bombeiros de Xinzo

TVG
G24.gal 03/06/2026 10:49 Última actualización 03/06/2026 14:30

Un condutor resultou ferido na mañá deste mércores en Sandiás tras envorcar o seu camión no que transportaba porcos vivos, apolo que parte dos animais acabaron esparexidos pola estrada.

Segundo informan fontes do 112 Galicia e da Garda Civil, o suceso produciuse sobre pasadas as sete e media da mañá no punto quilométrico 206,6 da nacional N-525, ao seu paso por Piñeira de Arcos, en Sandiás.

Un camión que transportaba porcos vivos saíu da vía e acabou envorcado. O golpe deixou ferido o condutor e unha parte dos animais acabou tirada na vía. Outros porcos quedaron atrapados no vehículo.

O home puido saír polos seus propios medios do camión e foi atendido polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se trasladou ao momento.

Pola súa banda, os efectivos do parque comarcal de Xinzo rescataron os animais. A Garda Civil de Tráfico tamén participou no operativo.

No vehículo viaxaban 180 animais.

“Sentimos un ruído cando o chico deu a volta e xa o vimos no chan; os porcos saíran fóra e outros camioneros axudárono coa axuda dunha escaleira.” dixo unha testemuña

O vehículo dirixíase de novo á granxa para completar a carga cando saíu da vía e envorcou.

“Estaba realizando unha manobra de cambio de sentido cara a Benavente cando envorcou polo seu lado dereito e quedou inmobilizado no punto”, explicou o xefe de Tráfico de Verín, Andrés Pérez.

O golpe deixou o condutor ferido e varios porcos morreron no accidente. O resto foron trasladados a outro camión con axuda de operarios da explotación.

“Os porcos estaban nerviosos e asustados e veu o propietario da granxa e meteunos nunha finca para evitar problemas coa estrada”, explicou unha testemuña.

A circulación na zona chegou a verse afectada nun dos carrís, pero xa quedou restablecida con normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade