Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido despois de tirarse pola ventá para fuxir dun incendio nun piso da Coruña

Ferido despois de tirarse pola ventá para fuxir dun incendio nun piso da Coruña

A orixe do lume podería estar na explosión da batería dun patinete eléctrico

Os outros dos habitantes do piso escaparon coa axuda dos veciños do Ventorrillo

G24.gal 11/08/2025 14:03

Eran as sete da tarde cando unhas explosións sobresaltaron os veciños deste edificio do Ventorrillo. 

"Primeiro escoitei dúas explosións, pero non lles din moita importancia. Despois saín á fiestra, houbo unha terceira explosión moito máis forte e xa moitísimo fume moi negro saíndo da ventá do primeiro", di unha veciña.

Asustado polo fume e sen posibilidade de saír pola porta, un dos tres habitantes do piso saltou pola fiestra. Rompeu o nocello e tivo que ser trasladado ao hospital. Os outros dous inhalaron fume, pero lograron escapar coa colaboración dos veciños.

"Un dos rapaces saltou á rúa, danou o pé e o levaron ferido en ambulancia. Os outros estaban asomados e non se atrevían a saltar. Catro veciños colleron este contedor amarelo e o puxeron abaixo para que se deslizaran polos cables ata o contedor", di outra testemuña.

Todo apunta a que  orixe do incendio está neste patinete eléctrico. Ao parecer a batería explotou cando estaba no corredor da casa. Algunhas fontes din que non estaba enchufado á corrente, pero aínda se están a investigar os detalles do sucedido.

"Explotou. Non sei se o estaban manipulando ou arranxando, xa dirá a Policía ben o que pasou. Pero estes chicos teñen sete ou oito patinetes e un deles explotou", engade a veciña.

O incendio non afectou á estrutura do piso. Os bombeiros da Grela lograron sufocalo pouco tempo despois coa axuda dunha escaleira desde a fachada. Iso si o susto para os habitantes do bloque foi monumental e o cheiro a fume aínda se sentía esta mañá por todo o edificio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar