Cargando resultados...
Feridas graves dúas persoas nun accidente de tráfico en Vigo
Feridas graves dúas persoas nun accidente de tráfico en Vigo
Un vehículo de transporte bateu contra un turismo na rotonda da Xurela, en Coruxo
G24.gal
18/03/2023 11:45
Dúas persoas quedaron feridas graves nunha colisión frontolateral na estrada de Camposancos, no concello de Vigo. Ocorreu ás seis da mañá na zona coñecida como rotonda da Xurela, en Coruxo.
Por razóns que se están a investigar, bateron un turismo e un vehículo de transporte. Este último caeu por un desnivel. Un dos condutores tivo que ser excarcerado.