Cargando resultados...
Félix Alonso: "Quen controle mellor as emocións, gañará o 'playoff'"
Comeza o playoff polo ascenso entre o Obradoiro e o Palencia
Foto Obradoiro
G24.gal
15/05/2025 14:54
Última actualización 15/05/2025 14:58
Primeiro obxectivo, conseguido, o factor cancha.
Félix Alonso: "Traballamos esta tempada para este día".
O segundo pasa por centrarse no partido máis inmediato.
"Hai que ser consistentes cada minuto".
Igualar a intensidade a nivel físico do Palencia pode ser determinante, pero tamén hai outros aspectos a ter en conta.
"Quen controle mellor as emocións gañará o 'playoff', o de antes non serve".
Na liga regular, os duelos entre ambos saldáronse cunha vitoria para cada equipo. As dúas con resultado axustado.