Publicador de contidos

Publicador de contidos

A derrota do Obradoiro en Palencia déixao ao bordo da eliminación

A derrota do Obradoiro en Palencia déixao ao bordo da eliminación

Vitoria local despois dunha prórroga (101-94) que deixa a Palencia a un triunfo de meterse nas semifinais polo ascenso á ACB

G24.gal 23/05/2025 22:20

Nin os 27 puntos de Barcello chegaron para que Obradoiro gañase o terceiro partido da serie diante de Palencia (101-94) que poderá sentenciar a eliminatoria o vindeiro domingo no cuarto encontro (2-1). 

O inicio do equipo obradoirista foi espectacular. A efectividade desde a tripla permitiu poñerse por diante (4-11) e colleitar unha máxima diferenza de nove puntos (10-19). Reaccionou Palencia cun parcial de 7-0 que equiliboru o partido xusto antes de chegar aos dez primeiros minutos (19-21). No segundo cuarto os dous equipos estiveron moi atinados no tiro. Vantaxes mínimas para os dous equipos e constantes alternativas no marcador que levaron o partido ata un incerto 46-47 no descanso. 

Parecía comezar ben o segundo tempo para o Obradoiro pero unha crise de anotación aproveitouna Palencia para marchar de sete puntos (63-56). Millán Jiménez e Barcello mantiñan o equipo santiagués no partido pero unha triple de Wintering poñía un preocupante 68-62 ao final do terceiro cuarto. Barcello non estaba disposto a que o Palencia gañase. Os seus puntos e o bo traballo de Quintela e Micovic devolveron a vantaxe ao cadro santiagués a cinco minutos do final (74-76). 

Puido caer para calquera lado o encontro. Os empates foron constantes e acabou indo á prórroga (86-86) despois de que Wintering e Quintela fallaran tiros para evitalo. A entrada no tempo suplementario de Palencia (91-86) puxo contra as cordas o equipo de Félix Alonso. Unha tripla de Kunkel a 1:30 do final puxo a máxima vantaxe para os locais (97-89) co que o segundo triunfo de Palencia quedou visto para sentenza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade