Publicador de contidos

Publicador de contidos

O VAR, a debate logo dunha xornada en que deixou moitas dúbidas

O VAR, a debate logo dunha xornada en que deixou moitas dúbidas

O partido Raio-Barcelona xogouse sen a ferramenta da videoarbitraxe e puido ser decisivo para o resultado final

En Mendizorrotza ou no Bernabéu tamén houbo xogadas discutidas

G24.gal 01/09/2025 19:26

O VAR, ese instrumento que veu para facer o fútbol máis xusto segue deixando moitas dúbidas. A xornada resultou calamitosa. En Vallecas directamente non funcionou ata a segunda metade. Para entón o colexiado xa asubiara a caída de Lamine coma penalti, sen posibilidade de ver unha repetición.

O Atlético sacoulle un punto ao Alavés do Chacho Coudet mercé a un gol de Giuliano Simeone. O problema é que o colchoeiro viña de fóra de xogo. Tamén no partido do Real Madrid houbo queixas. No Bernabéu anuláronlles 3 goles aos brancos. Dous polos fóra de xogo máis que axustados e o terceiro por unhas mans de Arda Güler nun balón rebotado. Este VAR agora mesmo só alimenta a polémica.

Actuacións coma a desta xornada poñen en cuestión non xa o VAR, senón a propia competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade