Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro pecha o equipo coa fichaxe do sueco Denzel Andersson

O Obradoiro pecha o equipo coa fichaxe do sueco Denzel Andersson

Para o adestrador do Obradoiro, Diego Epifanio, a nova fichaxe achegará “experiencia, xa que xogou en competición europea e a nivel internacional coa súa selección"

Foto Obradoiro Foto Obradoiro
G24.gal 26/08/2025 12:19 Última actualización 26/08/2025 12:23

Andersson, de 2,04 metros de altura e 28 anos, unirase aos adestramentos tras finalizar a súa participación coa selección nacional de Suecia de cara ao próximo EuroBasket.

A pasada tempada xogou no Dziki Warszawa da primeira división polaca, onde asinou unhas medias de 7,5 puntos, 4,9 rebotes e 1,5 asistencias por encontro. Ademais, conta con experiencia na liga española: entre o verán de 2022 e 2024 militou no Surne Bilbao Basket da ACB. Anteriormente tamén defendeu as cores do BC Luleå da primeira división sueca e do Stal Ostrów Wielkopolski da liga polaca.

Para o adestrador do Monbus Obradoiro, Diego Epifanio, a nova fichaxe achegará “experiencia, xa que xogou en competición europea e a nivel internacional coa súa selección. É un catro que, en ataque, destaca pola súa boa lectura do xogo sen balón, sabendo ocupar moi ben os espazos para xerar vantaxes para os seus tiros ou para mellorar a posición dos seus compañeiros, e pola súa capacidade de rebote ofensivo”.

“A súa lectura táctica, a súa predisposición defensiva e as súas boas condicións físicas permítenlle ser un bo defensor. Cremos que nos vai achegar ton físico, moita enerxía, coñecemento do xogo e tiro exterior”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade