Publicador de contidos

Publicador de contidos

Héctor Galán fala da situación do Betis e da falta dun “4” no Obradoiro

Héctor Galán fala da situación do Betis e da falta dun “4” no Obradoiro

Héctor Galán sinala que “o caso Betis” é unha mala noticia para os clubs

O Obradoiro segue na procura do “4” perfecto

G24.gal 13/08/2025 10:48 Última actualización 13/08/2025 12:37

O director xeral do Monbus Obradoiro, Héctor Galán, asegurou esta mañá en conferencia de prensa que a situación na que se atopa o Betis é “preocupante”, pois hai anos que non acontecía algo similar. Galán indicou que é consciente de que a Federación tenta facer as cousas o mellor posible, aínda que ás veces non se consegue.

O Baloncesto Sevilla, que lograra o ascenso deportivo á ACB, viu como a Asociación de Clubs lle denegaba a inscrición na liga ao considerar insuficiente a documentación presentada. A situación do Betis é crítica, xa que o club non contempla participar en Primeira FEB no caso de que o seu ascenso non quede referendado nos xulgados, o que podería mesmo abocalo á desaparición.

En canto á planificación do Obradoiro, Galán sinalou que a posición de “4” é na que están máis atascados e que aínda buscan un perfil que encaixe co que necesitan. O presidente recoñeceu que ese xogador aínda non apareceu, mais subliñou que non é algo que lle preocupe en exceso, aínda que sería positivo telo o antes posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade