Publicador de contidos

Publicador de contidos

Febreiro está sendo un bo mes para mercar peixe

Febreiro está sendo un bo mes para mercar peixe

O tempo estable e a caída da demanda fan que atopemos moitas especies a bo prezo nos mercados

G24.gal 24/02/2023 14:20

Entramos na recta final da época dos cocidos, e quizais por iso xa hai máis movemento nos postos de venda de peixe. E se a iso lle engadimos as tradicións...

"Hoxe debería ser día de comer peixe, que é día de Coresma". "Empezou o mércores e ata o último venres de Semana Santa non se pode comer carne", comentan os praceiros.


E estamos nun bo momento para facelo porque hai variedade e para todos os petos.

"O peixe sapo baixou a 12 euros, a pescada a 10, a raia a 10 o lirio entre tres e catro".

E con estes prezos... que pensan os clientes?

"Aproveitamos, pero se non aguanta a carteira...". "Eu vinos máis caros". "Fanecas a 10 euros, paréceme caro"

Ás veces hai unha explicación, porque os peixes con frío escóndense, e se hai menos peixe, os prezos soben. E pode que aínda o siga facendo, xa que se anuncia a chegada de novos temporais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade