Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Lalín denuncian os incidentes constantes que un indixente causa na vila

Veciños de Lalín denuncian os incidentes constantes que un indixente causa na vila

O home, de orixe romanesa, vive nun edificio abandonado que ocupou

Unha das últimas liortas protagonizadas polo Rumano tivo como escenario este bar situado na rúa Alcalde Ferreiro
G24.gal 26/03/2026 13:26

A última lea en que se viu implicado un home coñecido popularmente en Lalín como o Rumano, tivo como escenario un bar situado na rúa Alcalde Ferreiro. O dono asegura que este individuo estaba baixo os efectos do alcol porque ten problemas de adicción e enleouse con outro cliente que tamén presentaba os mesmos síntomas.

Manuel entende que é complicado, pero cre que alguén debería tomar medidas para evitar que acabe pasando algo grave. Asegura que este home é conflitivo a causa da súa adicción e tamén ten actitudes violentas na zona onde vive como ocupa, neste edificio abandonado.

O mesmo martes houbo outra liorta entre outros dous individuos que estaban baixo os efectos do alcol e que chegaron a lanzarse as cadeiras da terraza doutro bar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade