Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas podería sancionar a Snapchat e Pornhub por non controlar o acceso a menores

Bruxelas podería sancionar a Snapchat e Pornhub por non controlar o acceso a menores

Na súa análise preliminar, o Executivo comunitario indica que os menores poderían están expostos a intentos de captación con fins sexuais ou produtos ilegais como as drogas

Europa quere que os Estados membros creen carteiras de identidade dixital 

Foto de arquivo/Europa Press/Thomas Fuller Foto de arquivo/Europa Press/Thomas Fuller
G24.gal 26/03/2026 12:50

Bruxelas abriu este xoves unha investigación contra a rede social Snapchat e a web Pornhub, entre outras, de cara a lograr unha maior protección dos menores nas plataformas dixitais. 

Xunto a estes procedementos, que poderían rematar con sancións ás empresas en caso de non corrixir as súas prácticas, a Comisión Europea propuxo que as plataformas integren unha aplicación de verificación lanzada polo Executivo comunitario e pediu cooperación aos Estados membros para crear carteiras de identidade dixital, que poderían poñerse á disposición dos cidadáns antes de 2026.

A Comisión concluíu que as plataformas PornHub, Stripchat, XNXX e XVideos permiten o acceso de nenos a contidos pornográficos mediante unha simple declaración do usuario de que é maior de 18 anos, o que revela deficiencias claras nas medidas de protección de menores e vulneraría a lei comunitaria de servizos dixitais.

En Francia, 2 millóns de menores acceden mensualmente á web Pornhub

En Francia, estímase que dous millóns de menores acceden mensualmente a Pornhub e representan máis dun terzo do total de usuarios desa web, segundo a autoridade francesa de regulación das telecomunicacións (Arcom).

No caso de Snapchat, a investigación céntrase nas sospeitas de que os menores de idade están a ser expostos nesta aplicación a intentos de captación con fins sexuais, actividades delituosas e acceso a produtos ilegais como drogas, alcol ou cigarros electrónicos.

O Executivo cre que a empresa tecnolóxica estadounidense podería contar con medidas de verificación de idade "insuficientes", o que non asegura nin a prohibición de acceso de menores de 13 anos á aplicación nin a debida adaptación da experiencia dos usuarios menores de 17, como establecen os propios termos e condicións de Snapchat.

Tanto Snapchat como as catro plataformas de contidos pornográficas poderían estar expostas a unha multa de ata o 6 % da facturación do provedor ou sancións diarias ata que a plataforma cumpra coa Lei de Servizos Dixitais.

Bruxelas esixe un sistema máis rigoroso de identificación 

Bruxelas incide nos fallos na verificación de idade e urxe a establecer un sistema máis rigoroso de identificación que impida aos menores acceder aos seus contidos. A vicepresidenta executiva de Seguridade e Democracia, Henna Virkkunen, tachou de "débiles" estas medidas de seguridade, nunha entrevista conxunta en Bruxelas coa rede europea de axencias European Newsroom.

Para iso, a Comisión propón aos Estados membro que integren unha aplicación de verificación de idade que o propio Executivo comunitario está aínda desenvolvendo e que xa se está probando actualmente en plataformas como Pornhub.

A idea desta app, cuxo proxecto piloto o levan a cabo España e outros cinco países, é que sexa totalmente interoperable coas futuras carteiras de identidade dixital, que os Estados membro poñerán ao dispor dos cidadáns e empresas antes de que conclúa 2026.

Debate sobre a prohibición de acceso ás redes aos menores de 16 anos 

Outro dos debates que se aborda en Bruxelas é o da prohibición de acceso ás redes sociais para menores de 16 anos, defendida por países como España. A comisaria Virkkunen asegurou este xoves que a UE está "a traballar para adoptar un enfoque europeo".

Bruxelas xa deu luz verde a incluír no marco normativo sobre Intelixencia artificial vetar o seu uso da para espir a persoas sen o seu consentimento, tras constatarse a difusión de millóns de imaxes sexualizadas en Grok, propiedade de X.

En 2025, a Comisión ditaminou que Meta (matriz de Instagram e Facebook) non proporciona aos usuarios mecanismos sinxelos para notificar contido ilegal, como material de abuso infantil, e noutra investigación concluíu que TikTok tiña un deseño aditivo que prexudicaba o benestar físico e mental dos seus usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade