Juan Luis Guerra, Elvis Crespo e Gente de Zona, nun concerto o 12 de xullo en Sanxenxo
As entradas estarán á venda o luns 30 de marzo ás 12:00 horas a través de entradas.com, cunha primeira quenda de localidades xerais a un prezo promocional de 55 euros
Ricardo Rubio/Europa Press
Juan Luis Guerra, Elvis Crespo e Gente de Zona subiranse ao escenario do campo de fútbol de Baltar, en Sanxenxo, o 12 de xullo. Os promotores aseguraron este xoves de que será "a maior cita latina" do verán en Galicia.
O concerto estará encabezado por Juan Luis Guerra, artista dominicano que ten no seu repertorio temas moi coñecidos como 'Ojalá que llueva café en el campo' ou 'Bachata rosa'. Tamén actuará esa noite Elvis Crespo, que presentará a súa recente proposta 'Poeta Herío', na que revisita o merengue desde unha mirada actual. O cartel complétao o dúo cubano Gente de Zona, coñecido por temas como 'La gozadera' ou 'Bailando'.
As entradas estarán á venda o luns 30 de marzo ás 12:00 horas a través de entradas.com, cunha primeira quenda de localidades xerais a un prezo promocional de 55 euros.