Veciños de Cangas denuncian estragos de ocupantes ilegais na súa comunidade
Aseguran que se enganchan ás subministracións de xeito ilegal e que fan festas e causan danos no edificio
Quince ou vinte estragos en zonas comúns en cuestión dun ano. Tubaxes danadas, conexións eléctricas que chegaron a ocasionar un apagamento na zona e portas ciscadas no río. Así é o día a día dunha comunidade de veciños onde a administradora chegou a deixar caixiñas abertas para evitar novos gastos.
Aseguran que fan festas e ruídos ata altas horas e ultimamente os ocupantes tamén pelexan entre eles ás veces ata durante catro horas.
Os tres baixos afectados pertencen á Sareb, o denominado banco malo. A Sareb si que cobra os alugueiros por algúns locais pero non está a pelexar por desocupar os inmobles ocupados. O seu único interese é vendelos, denuncian os veciños.