Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sumar envía un novo borrador do decreto de vivenda e advirte de que aínda non hai acordo co PSOE

Sumar envía un novo borrador do decreto de vivenda e advirte de que aínda non hai acordo co PSOE

As negociacións entre os socios, que se prolongaron toda a noite, continúan este martes pola mañá á espera de que se celebre o Consello de Ministros

Sánchez pide un último esforzo aos grupos para poder validar o decreto de vivenda no Congreso

Arquivo/Fernando Sánchez/Europa Press
G24.gal 29/09/2026 08:42

Sumar enviou ao PSOE, o seu socio no Goberno de coalición, unha proposta cun novo borrador do decreto de vivenda e advirte de que a esta hora da mañá aínda non hai acordo.

Segundo indicaron fontes da formación, as negociacións continuaron durante toda a noite.

O luns Sumar enviou unha proposta ao PSOE que prevía, entre outras medidas, a inclusión da regulación do alugueiro de cuartos, a renovación automática dos contratos tal e como reclama o Sindicato de Inquilinas e reforzar a protección fronte aos desafiuzamentos. 

Segundo avanzou esta mañá a ministra de Sanidade, Mónica García, Sumar non vai avalar nada que quede a medio camiño do que reclaman os cidadáns.

Negociacións in extremis

A parte socialista do Gobierno insiste en que as negociacións continúan. Buscan un decreto ambicioso e transversal que inclúa unha batería de medidas urxentes para defender o dereito á vivenda en dez ámbitos.

Entre elas atópanse a protección ante os desafiuzamentos, a prohibición da compra especulativa aos fondos voitre, a estabilización dos contratos de alugueiro, regular o de tempada, o IVE para os pisos turísticos ou bonificacións fiscais para inquilinos ou para a compra da primeira vivenda.

Nun dos borradores xa se falaba de suspender ata o 31 de decembro de 2028 os procesos de desafiuzamentos a persoas vulnerables, de prorrogar dous anos os alugueiros ou de limitar as actualizacións dos contratos de alugueiro ao 2 %. 

En Sumar e o Sindicato de Inquilinos avogaban, como unha das súas liñas vermellas, pola prórroga automática dos contratos de alugueiro.

Junts xa advertiu o luns á noite ao Goberno que o texto cambiou substancialmente a pasada tarde por mor da presión dos seus socios.

ERC esixe, como mínimo, a suspensión dos desafiuzamentos para todas as persoas vulnerables e a aplicación dos índices de contención de rendas aos alugueiros.

Unha vez que se aprobe no Consello de Ministros, o Goberno ten un mes para levalo ao Congreso dos Deputados, onde o Executivo necesitará o apoio dos seus socios para que non decaia como o anterior decreto de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade