Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home de 71 anos en Cambre ao quedar atrapado baixo o seu vehículo

Falece un home de 71 anos en Cambre ao quedar atrapado baixo o seu vehículo

O coche cedeu cando tentaba arranxalo coa axuda dun gato

G24.gal 27/10/2022 16:39

Un home de 71 anos faleceu en Cambre (A Coruña) ao quedar atrapado debaixo do seu vehículo, que cedeu cando trataba de arranxalo no garaxe coa axuda dun gato.

Segundo informa o 112 Galicia, até o lugar mobilizáronse sanitarios, bombeiros de Arteixo, así como efectivos da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil.

O 061 informou de que a central de coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu ás 13,40 horas a alerta do suceso.

Para acudir ao lugar mobilizouse unha ambulancia asistencial de SVB do 061 e persoal sanitario do centro de saúde de Cambre.

Os sanitarios constataron o falecemento do home de 71 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade