Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home de 89 anos nun accidente múltiple entre catro vehículos en Ribadeo

Falece un home de 89 anos nun accidente múltiple entre catro vehículos en Ribadeo

Na colisión víronse implicados catro turismos, dous deles sufriron danos menores e nos outros dous tiveron que liberar os condutores os bombeiros

O sinistro tivo lugar na estrada N-634 ao seu paso pola parroquia de Piñeira/Parque de Bombeiros de Barreiros O sinistro tivo lugar na estrada N-634 ao seu paso pola parroquia de Piñeira/Parque de Bombeiros de Barreiros
G24.gal 15/05/2025 22:45 Última actualización 16/05/2025 08:35

Un accidente de tráfico ocorrido na estrada N-634, ao seu paso pola parroquia de Piñeira, en Ribadeo, rematou coa morte dun home de 89 anos.

O sinistro tivo lugar arredor das 20:00 horas, no punto quilométrico 556 da citada vía. Foi un particular quen alertou o 112 Galicia dun accidente frontal en que estaban implicados varios vehículos.

O centro de emerxencias mobilizou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxo persoal, unha vez no lugar, confirmou a necesidade de contar coa intervención dos bombeiros, xa que unha persoa permanecía atrapada nun dos coches.

Tamén foron alertados os Bombeiros de Barreiros, axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e membros de Protección Civil.

Segundo informaron os equipos de intervención, na colisión víronse implicados catro turismos. Dous deles sufriron danos menores, mentres que nos outros dous os condutores, únicos ocupantes, tiveron que ser liberados polos bombeiros.

A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios, un dos feridos faleceu na ambulancia durante o traslado ao centro hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade