Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home de 32 anos nun accidente de tráfico en Carballo

Falece un home de 32 anos nun accidente de tráfico en Carballo

O suceso tivo lugar no punto quilométrico 3 da estrada comarcal AC-418, en Cances

G24.gal 06/12/2021 09:37

Un home de 32 anos e veciño da localidade malpicá de Buño, de 32 anos, faleceu pouco antes desta medianoite nun accidente de tráfico, ocorrido no concello de Carballo.

O 112 Galicia recibiu varias chamadas, ás 23:45 horas, que alertaban dun accidente no punto quilométrico 3 da estrada comarcal AC-418, en Cances. Os alertantes manifestaban que o corpo dunha persoa estaba tendido na calzada.

O 112 informou aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil da localidade coruñesa. Ademais, tamén se lle notificaron os datos ao persoal de mantemento da vía.

Unha vez no lugar, o persoal sanitario tan só puido confirmar o falecemento da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade