Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller de 95 anos en Lugo ao caer desde un quinto andar cando limpaba os cristais

Falece unha muller de 95 anos en Lugo ao caer desde un quinto andar cando limpaba os cristais

Ocorreu nunha zona moi concorrida da avenida Marqués de Ombreiro

Lugar do suceso, en avenida Marqués de Ombreiro Lugar do suceso, en avenida Marqués de Ombreiro
G24.gal 26/02/2025 15:53 Última actualización 26/02/2025 19:13

Unha muller de 95 anos faleceu este mércores a primeira hora da tarde en Lugo ao precipitarse desde un quinto andar. Segundo os primeiros indicios ocorreu cando trataba de limpar unha xanela da súa vivenda, segundo informaron fontes policiais.

O suceso produciuse dez minutos antes das dúas da tarde. A esa hora recibiu o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) a primeira chamada para avisar de que unha muller caera desde o edificio.

Sucedeu na avenida Marqués de Ombreiro, onde a confluencia coa rolda do Carme forma unha pequena praza, no barrio da Fonte dos Ranchos. O 112 mobilizou decontado os servizos de urxencias sanitarias, así como á Policía Local e maila Nacional.

Os sanitarios só puideron certificar o falecemento da vítima. A policía acordoou a zona e os axentes realizaron as correspondentes investigacións para determinar as causas do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade