Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Vigo cae desde o segundo andar cando tendía a roupa

Unha veciña de Vigo cae desde o segundo andar cando tendía a roupa

Colgouse cara ao exterior para tender a bogada e cedeu a varanda da ventá

Unha ambulancia trasladou a muller ao hospital, onde permanece ingresada

G24.gal 08/04/2026 13:48

O accidente tivo lugar nun edificio do barrio vigués do Calvario. A muller, duns corenta anos de idade, apoiouse na varanda da ventá mentres tendía a bogada no segundo andar do inmoble. Por motivos que se descoñecen, a varanda cedeu e a muller caeu ao baleiro. 

A muller caeu desde varios metros de altura á terraza do primeiro andar, onde aínda se poden ver a varanda e o tendal, que tamén caeron. 

Unha ambulancia trasladouna con feridas de gravidade a un centro hospitalario, onde permanece ingresada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade