Corta unha man cunha rebarbadora e logra salvala grazas a un torniquete que lle fixo a filla
A vítima, un home de 64 anos, perdeu parte da extremidade cando cortaba un taco de madeira na casa, en Muros
A filla, coa axuda da muller, logrou facerlle o torniquete de urxencia usando cordas e a correa do can
Un home de Esteiro, en Muros, perdeu parte dunha man cando estaba na casa cortando un taco de madeira cunha radial. O home, de sesenta e catro anos, salvou a man esquerda grazas ao torniquete de urxencia que lle fixeron a súa muller e a súa filla e a rápida chegada dos servizos de Emerxencia
Carla foi a primeira que auxiliou a seu pai. O home, de sesenta e catro anos, estaba coa rebarbadora cortando un taco de madeira no xardín da casa, aquí sobre o banco de pedra. Pero a máquina de corte escapoulle das mans e cortoulle parte da esquerda.
Ata que chegou o helicóptero, Carla e súa nai cortáronlle a roupa que levaba e fixéronlle un torniquete de urxencia ao ferido. El mesmo lles indicou, nos primeiros momentos, como tiñan que facelo. Usaron o primeiro que atoparon no garaxe da casa, cordas e a correa do can.
O ferido, xubilado que traballara no sector da construción e no mar, adoitaba realizar traballos coa máquina na casa. Foi intervido de urxencia no Hospital Universitario de Santiago.