Cargando resultados...
Falece unha motorista tras sufrir unha caída co vehículo nun accidente en Laza

G24.gal
27/08/2023 13:37
Emerxencias de Galicia informa dun novo accidente de tráfico con vítimas mortais nas estradas ourensás. Unha motorista morreu en Laza nun accidente.
Sufriu unha caída co vehículo na estrada OU-112. Ata o lugar desprazáronse as Urxencias Sanitarias 061, O GES de Laza e axentes da Garda Civil de Tráfico pero malia os esforzos para reanimar a muller non puideron facer nada por salvarlle a vida.
#AXEGAInforma da condutora dunha moto que perdeu a vida en #Laza, Ourense.
— 112Galicia (@112Galicia) August 27, 2023
Sufriu unha caída co seu vehículo na OU112.
Malia os esforzos, nada puido facerse por salvar a súa vida.
Interviñeron: Urxencias Sanitarias, GES de Laza, @guardiacivil de Tráfico pic.twitter.com/rqTHB2Rkb1