Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un mozo ao precipitarse 60 metros na ruta do Cares, en Asturias

Falece un mozo ao precipitarse 60 metros na ruta do Cares, en Asturias

Realizaron operacións de guindastre co helicóptero de bombeiros a case a súa máxima capacidade, 54 metros de cable, para deixar na zona o equipo de rescate

G24.gal 15/08/2023 09:16

Un mozo de 25 anos morreu ao precipitarse na ruta do Cares e caer uns 60 metros a unha área de difícil acceso situada na zona limítrofe de Asturias e León, segundo informou o Servizo de Emerxencias do Principado.

A caída do mozo produciuse mentres facía a ruta en compañía doutro home de 56 anos que foi rescatado ileso tras tentar chegar polos seus medios ata o punto en que quedou tendido o corpo.

A ruta do Cares, que parte desde Caín (León), atravesa os Picos de Europa entre Castela e León e Asturias, ao longo de 12 quilómetros, ata Poncebos (Asturias), é unha das máis coñecidas e transitadas do país, e nos meses de verán atrae diariamente por centos de excursionistas.

O accidente tivo lugar no termo municipal de Cabrales, en Asturias, a uns catro quilómetros de Caín, ata onde foi trasladado o cadáver a bordo do helicóptero.

O falecido precipitouse uns 60 metros a unha zona de difícil acceso e para poder chegar ata el tivéronse que realizar operacións de guindastre coa aeronave de bombeiros a case a súa máxima capacidade, 54 metros de cable, para deixar na zona un bombeiro-rescatador e a médica-rescatadora, que só puido confirmar a morte do mozo.

O equipo de rescate tivo que esperar a que chegase ao lugar o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) da Garda Civil desprazado desde Sabero (León) e autorizase o levantamento do cadáver, debido a que á zona onde se atopaba o corpo só se podía chegar mediante unha operación de guindastre coa aeronave.

Co guindastre tamén rescataran previamente o acompañante do falecido que estaba a tentar acceder ata a zona onde se precipitou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade