Publicador de contidos

Falece un home en Baños de Molgas ao sufrir un accidente de tractor

Falece un home en Baños de Molgas ao sufrir un accidente de tractor

Aconteceu este mediodía, cando o tractor envorcou enriba da vítima, de 75 anos

G24.gal 25/11/2021 12:43

Un home de 75 anos faleceu nun accidente de tractor ocorrido na mañá deste xoves no municipio de Baños de Molgas.

Segundo informa o 061, ata o lugar desprazouse un helicóptero de urxencias sanitarias con base en Ourense, pero o home faleceu no lugar. Tamén se desprazou unha ambulancia asistencial e persoal do centro de saúde do municipio.

O home cargaba leña cando envorcou o vehículo por causas que aínda non se determinaron. No lugar esperaban a chegada do xuíz e do forense para o levantamento do corpo, que quedou baixou o tractor.

O suceso ocorreu en Ponte Ambía de Abaixo. O persoal sanitario tan só puido certificar o falecemento do home, que tivo que ser liberado polos medios de intervención. 

Foron avisados, entre outros, bombeiros de San Cibrao das Viñas, o GES de Maceda, Protección Civil de Baños de Molgas e Garda Civil. 

 

Trátase do segundo accidente mortal cun tractor na provincia de Ourense no que levamos de mes. O día 1 faleceu o condutor doutro vehículo agrícola que envorcou en Oìmbra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos