Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home septuaxenario ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Tui

Falece un home septuaxenario ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Tui

Os servizos sanitarios atoparon o condutor nunha leira moi preto do balneario de Caldelas

G24.gal 25/04/2025 08:28 Última actualización 25/04/2025 14:14

Un home faleceu nunha leira en Tui ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba. O primeiro aviso que se tivo do suceso foi ás 22:30 horas deste xoves. O home falecido traballaba nunha leira cando envorcou o tractor co que realizaba tarefas agrícolas. Quedou atrapado debaixo do vehículo.

Os seu  veciños pensan que debeu perder o control do tractor nun desnivel que existía no terreo. Din que probablemente pola altura que tiña a herba non o viu e desequilibrouse sen posibilidade de reacción. Foi unha veciña quen alertou os servizos de emerxencia. Achegouse á leira cando a familia o botou en falta. 

Aconteceu nun lugar afastado e o acceso para os bombeiros non foi doado tiveron que portar o material ata unha distancia dun quilómetro. As emerxencias nada puideron facer. Cando chegaron xa perdera a vida. O falecido é un septuaxenario veciño da parroquia de Caldelas de Tui.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade