Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dous homes en Cervantes e Melide mentres manexaban os seus tractores

Morren dous homes en Cervantes e Melide mentres manexaban os seus tractores

As primeiras hipóteses apuntan a senllas indisposicións

G24.gal 08/10/2025 10:18 Última actualización 08/10/2025 14:03

O servizo de emerxencias do 112 Galicia localizou en Cervantes o corpo sen vida dun veciño xunto ao seu tractor. Foi pasadas as nove da noite deste martes. 

O falecido é un home de 85 anos de San Pedro de Cervantes. Protección Civil alertara nun primeiro momento da posible desaparición deste veciño, que marchara traballar nunha leira co tractor. Despois de inspeccionar a zona, os voluntarios atoparon o home falecido a carón do vehículo. Investígase o sucedido, pero todo apunta a unha morte natural e non a un accidente de tractor.

Horas antes, en Melide, outro home faleceu mentres manexaba o seu tractor. Os equipos de intervención sospeitan que bateu contra un muro tras sentir unha indisposición. O suceso ocorreu preto das sete da tarde en Furelos.

A vítima é un home de 42 anos, natural de Monterroso. Traballaba nunha empresa de servizos agrícolas e entrara pesar forraxe na báscula da cooperativa local.  A persoa que alertou explicou que o home, tras acelerar, posiblemente logo de sufrir unha indisposición, colidiu cun muro.

Ao lugar dos feitos acudiron efectivos de emerxencias, axentes da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e Bombeiros de Arzúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade