Cargando resultados...
Dous ríos enxalzan a paisaxe fluvial do Campo de Santa Isabel, en Outeiro de Rei
O lugar atópase a dezaseis quilómetros de Lugo e ademais dos sendeiros que permiten facer rutas conta con zona de baño e unha carballeira con mesas e grellas
G24.gal
13/03/2026 20:07
Aínda que o sol hoxe non nos acompaña, o campo de Santa Isabel reclama a súa atención. Situado en Outeiro de Rei, a 16 quilómetros de Lugo, é un lugar ideal para os que buscan gozar da Natureza.
Nun dos extremos está a capela que lle da o nome a esta área e na beira do río, o muíño. A natureza inunda o espazo, do que se pode gozar en calquera época do ano. Os ríos Ladra e Miño xúntanse na zona, que se enmarca na Reserva da Biosfera Terras de Miño.
Desde o lugar saen varias rutas de sendeirismo que invitan a gozar desta paisaxe fluvial de Outeiro de Rei.