Cargando resultados...
Morre un home en Vimianzo nun accidente de tractor
Os alertadores aseguraron que a vítima caera co seu tractor nunha horta da súa propiedade, na rúa da Torre
G24.gal
18/11/2025 18:38
Un home perdeu a vida este martes nun accidente en Vimianzo. Segundo informa o 112 os alertadores aseguraron que a vítima caera co seu tractor nunha horta da súa propiedade, na rúa da Torre.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Policía Local.