Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o condutor dunha furgoneta ao ser alcanzada por un tren en Rábade

Falece o condutor dunha furgoneta ao ser alcanzada por un tren en Rábade

Ata o lugar acudiron os bombeiros de Vilalba para liberar o condutor

G24.gal 05/10/2022 13:09 Última actualización 05/10/2022 13:41

O condutor dunha furgoneta perdeu a vida este mediodía no municipio lucense de Rábade ao ser alcanzado o vehículo por un tren de mercadorías cando cruzaba por un paso a nivel, informan os servizos de emerxencias.

O accidente produciuse nun paso a nivel no que a vía férrea conflúe coa estrada autonómica LU-107 e o persoal da empresa pública Adif, xestora das infraestruturas ferroviarias, alertou do sinistro ás 12:25 horas.

O condutor do vehículo, de 50 anos, quedou atrapado no interior da furgoneta, mentres que no tren, que transportaba mercadorías, ninguén resultou ferido.

O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puido confirmar o pasamento do condutor da furgoneta, mentres que a circulación da vía ferroviaria permanece cortada para asegurar a intervención dos servizos de emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar