Falece unha motorista de 52 anos tras bater contra un coche en Poio
Falece unha motorista de 52 anos tras bater contra un coche en Poio
A vítima, veciña de O Grove, sufriu o impacto do turismo que se incorporou á estrada na que estaba estacionado
A consecuencia do impacto a moto saíu despedida arredor de 50 metros
Novo accidente mortal, nunha semana especialmente negativa en Galicia neste sentido. Un motorista perdeu a vida en Poio, despois de bater co seu vehículo contra un turismo.
O accidente ocorreu no tramo non urbano do Covelo, na estrada PO-308 que une Poio con Sanxenxo.
A vítima mortal é un home de 52 anos veciño do Grove que conducía a moto que colidiu contra un vehículo que se incorporaba á estrada pola marxe dereita, onde estaba estacionado.
A consecuencia do impacto, a moto saíu despedida arredor de 50 metros, mentres que o home quedou atrapado baixo as rodas do coche.
Nun primeiro momento foi liberado por 2 gardas civís veciños da zona que estaban fora de servizo e que realizaron as primeiras manobras de auxilio.
Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias de Sanxenxo, Policía Local de Poio, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061 que aínda trasladou con vida, malia que co pulso débil e graves lesións, o home, que faleceu pouco despois de chegar ao hospital.